FARO DE LAXE

A costa da morte é un lugar máxico cheo de beleza e sitios todavía casi virxenes, que o formigon, a especulazon e a falta de amor por estas terras de alguns, estan empeñados en destruir. A Costa da Morte es un lugar mágico lleno de belleza y de sitios casi virgenes, que el hormigon, las especulacion y la falta de amor por estas tierras de algunos, estan empeñados en destruir
Publicado por
Pau
0
comentarios
Dentro do núcleo urbano, nun alto sobre o mesmo porto, atopamos a xoia da Vila, a Igrexa de Santa María da Atalaia, asentada sobre un amplo atrio formado por altos muros de pedra sobre os que se asentaba no pasado uns canóns defensivos. A igrexa e o seu atrio funcionaron como atalaia de vixilancia e defensa contra a entrada ao porto de calquera barco ou flota sospeitosa.
De finais do século XV, esta igrexa foi ampliada, xa que nun principio só posuía a capela maior realizada no primeiro terzo do século XIII, por Dona Urraca de Moscoso por expreso desexo da súa nai Dona Juana de Castro e Lara, engadíndolle a devandita capela unha nave rectangular e anos máis tarde unha torre campanario.
Coa orientación tradicional dos templos romanos, cabeceira cara ao leste e pórtico cara ao oeste e de estilo gótico mariñeiro no seu maior parte, esta igrexa presenta un corpo composto por sinxelo muros e unha interesante decoración externa.
Publicado por
Pau
0
comentarios
Etiquetas: Laxe, patrimonio
A ábsida e a nave foron levantadas no primeiro tercio do século XIII, é polo tanto unh igrexa de estilo romanico en conserva da sua estructura orixinal os contrafortes do muro sur os canecillos, e a nave rectangular e abside, aínda que a cubrición da nave cambiouse en 1940 por unha bóveda de ladrillo e cemento. A base estructural do templo é románica, apreciable nos muros, na bóveda da ábsida e en elementos externos típicamente románicos.
A fachada principal sufriu en 1716 a última reforma, créndose deste ano a realización do retablo pétreo que abarca toda a súa parte central.
O EXTERIOR
O Retablo Pétreo
Co clásico esquema pentagonal, neste retablo de 5 metros de altura, pódense apreciar varias figuras:
1.Parte superior da porta de entrada: Imaxe ecuestre de Santiago Matamoros, e sobre esta a imaxe pétrea dunha virxe franqueada por dúas sereas, e enriba un relieve que representa ó “Pai Eterno”.
2.Parte Dereita (de arriba cara abaixo): San Francisco e Eva.
3.Parte Esquerda (de arriba cara abaixo): San Pedro e Adan.
Un pouco máis arriba podemos ollar a sinxela espadana construida no século XIX. No muro sur da nave podemos ollar unha inscripción que pon “ANNO DNI 1899 (8)”, un antigo reloxo de sol carente de agulla e a capela do “Rosario”.
Máis adiante atopamonos coa Capela Maior e no muro norte da nave atopamos outra nave lateral, a da “Virxe dos Milagros”. Máis adiante atopamos unha porta traveseira dintelada con varias inscripcións no seu dintel.
Publicado por
Pau
0
comentarios
Etiquetas: Laxe, patrimonio